Antes de comezar Nos exemplos de código mostrados nesta guía omítense liñas como a importación da libraría de Vue.js, para non repetir certo código unha e outra vez. Este documento está baseado na guía oficial de Vue.js e no tutorial da páxina tutorialspoint.Primeiros pasos Para usar Vue.js nun arquivo HTML, o primeiro que debes facer é importar a librería mediante a etiqueta Podemos asegurarnos de que funciona correctamente creando unha aplicación "Hello World". Escribe o seguinte código dentro do no arquivo HTML:
{{ mensaxe }}
Neste código creamos unha instancia de Vue asignada ao id "app" e cun dato "mensaxe". Dentro do elemento co id "app" podemos utilizar as funcionalidades de Vue.js, como imprimir o dato.O constructor Toda aplicación de Vue.js comézase creando unha instancia da clase Vue da seguinte forma: var app = new Vue({ // Opcións }) A continuación, imos explicar que se inclúe nesta clase cun exemplo: Exemplo de Vue.js

Nome: {{ nome }}

Apelido: {{ apelido }}

{{ nomeCompleto() }}

O parámetro el é o id do elemento DOM. No exemplo anterior, temos o id "app". Este é o id do elemento
que está no arquivo HTML.
Agora todo o que fagamos afectará a todos os elementos dentro do
. O seguinte que imos facer é emplear o obxecto "data" na vista. Este contén os valores de nome e apelido. No
obtemos os datos da seguinte forma:

Nome: {{ nome }}

Apelido: {{ apelido }}

Tamén podemos invocar métodos ou funcións na vista para imprimir, por exemplo, datos compostos. A función "nomeCompleto", dentro do obxecto "methods", permítenos imprimir o nome completo no
:

{{ nomeCompleto() }}

Binding (asociar) Imos ver como manipular ou asignar valores a atributos HTML, cambiar o estilo ou asignar clases coa directiva "v-bind". Vexamos un exemplo: Exemplo de Vue.js
{{ titulo }}
Podemos observar un
que contén a directiva "v-bind:class", á que se lle asigna un obxecto de JavaScript cunha propiedade "fondo" co valor da variable "activo" definida na instancia de Vue, que pode ser verdadeiro ou falso. Hai unha clase CSS "fondo" definida na etiqueta