Inscrición

Esta edición xa rematou, pero podes inscribirte en próximas ediciones a través de Meetup.

Problema

Pikachu aprendeu recentemente un novo movemento S. Sabe que pode traballar duro e convertilo nun movemento máis forte T. Ambos movementos S e T conteñen o mesmo número de letras.

Nun só día, Pikachu pode incrementar calqueira letra do movemento S por 1, isto é, nun só día, pode converter a letra A na letra B, a letra C na D, a letra M na N... Tamén pode converter a letra Z á letra A.

Pikachu acaba de decatarse de que tamén ten unha habilidade oculta. Pode axudarlle a incrementar calqueira letra do movemento S por 13, isto é, nun só día, pode converter a letra A na letra N, a letra B na O, a letra M na Z, a letra O na B…

Crea unha función que lle permita a Pikachu averiguar o número mínimo de días no que pode converter o movemento S no movemento T. A función debe ter dous argumentos, o movemento S e o movemento T, que son cadeas de letras maiúsculas da mesma lonxitude, e debe devolver o número de días mínimo da conversión.

Comprobación

Entrada: ["ABCT", "PBDI"]

Saída: 7

Entrada: ["MZB", "WEY"]

Saída: 26

Entrada: ["DIADTL", "OUEGMD"]

Saída: 43

Solución

Podes atopar as solucións propostas polos participantes en GitHub.